MU-018: Nivel 2, Zobra (r. Luís Prego)

,

Punto intermedio de muiñeira recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona de Zobra, Lalín (Pontevedra).

A complicación principal preséntase na volta, de aí o nivel 2. Presenta tamén o adiante atrás circular típico da zona. A caída do hop solápase co primeiro piso do valseado, e o último piso do valseado, co diante atrás. Polo tanto, a volta ha de ser rápida.

Referencia visual

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *