Punto avanzado de muiñeira recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona de Caroi, Cerdedo-Cotobade, algo complexo polo diante-atrás en círculo típico da zona, e polos cruzados solapados aos que lle chama “galope”. Non se usará este termo pola presenza do bailegrama “galop” do mesmo nome que describe un paso semellante, pero diferente. Neste bailegrama, o solapamento indica a ausencia do último dos tres pisos de cada cruzado, describindo así a sensación do “galope”.

Asemade, inclúe unha variación aprendida en Forcarei:

Deixa unha resposta