MU-024: Nivel 2, Courel / Ancares (r. Luís Prego)

,

Punto intermedio de muiñeira recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona do Courel e dos Ancares (Lugo). Sinxelo, pero que presenta complicacións polo pouco ortodoxo que resulta a unión dos pasos. Variante da MU-016.

No primeiro corte, o pé que debuxa cruza por atrás do pé de apoio. No segundo corte, soamente se fai o primeiro tempo do corte; cando se ergue a perna que debuxa, solápase co primeiro paso do valseado.

Referencia visual

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *