Punto intermedio de muiñeira recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona de A Insua (Pontecaldelas), Toutón (Mondariz) e Pazos de Borbén (Pontevedra), aprendido na taberna de Pereira de A Insua e recollido con motivo do seu pasamento.
Ao bailar, nos cruzados, Luís acentúa o terceiro paso de cada un; erguendo por atrás a perna esquerda no primeiro caso, e punteando coa dereita diante no segundo.

Deixa unha resposta