Punto de iniciación de xota recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona de Cernadela e Barrio do Ceo, Mondariz (Pontevedra).
Punto sinxelo que, tras un diante-atrás-diante inicial, contén dous punteados, o primeiro deles solapado co último diante; os punteado execústanse co pé que baila diante do pé de apoio, sen apenas separación. Despois de cada toque, érguese a perna recta, flexionando o xenllo e tocando co talón na tibia.

Aporta tamén unha variación con volta durante os dous punteados mencionados:

Deixa unha resposta