XT-013: Nivel 3 (b. Jose “elpinzondedarwin”)

,

Punto avanzado de xota bailado por Jose no seu TikTok elpinzondedarwin, sospeitando que é da zona de Gargamala, Mondariz (Pontevedra), aínda que sen un probas evidentes que nos permitan afirmar con total certeza.

Presenta a complicación nos apoios e nos cruzados, nos que o pulso do baile se percibe máis parecido a un 1 longo e un 2 curto, en lugar de tres golpes da mesma duración curta. Por ende, o cruzado esquerdo por atrás solapa o último paso co hop da repetición seguinte.

No agrupamento, o intre ten unha duración curta. Fóra do agrupamento, ten unha duración longa.

Punto de extrema precaución á hora de transcribir que denota as limitacións de tentar plasmar por escrito o movemento de corpo na danza tradicional galega.

Referencia visual

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *