Punto intermedio de maneo recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona de Sísamo en Carballo, Bergantiños (A Coruña), aínda que tamén inclúe Coristanco. Optamos por representar o diante-atrás desprazado de 5 no maneo como figura abaixo: en esencia, son 7 apoios totais. Os valseados semellan un cruzado por atrás, só que o paso que se cruza é o primeiro e non o segundo.

Deixa unha resposta