Punto avanzado de muiñeira recollido por Luís Prego na súa canle Un punto ao día, da zona da Serra do Suído (inclúe, de Avión (Ourense) especificamente: As Costeiras, Oroso, Mangoeiro, Rodeiro, e A Edreira Vella). Presenta o típico diante-atrás que se pode observar descrito no MU-007, ademais das patadas frouxas que tamén se ven nos puntos recollidos por Helena Casalderrey. De especial difícil trascrición debido á súa particular forma de bailarse.

Deixa unha resposta